O Certame

O Concello de Guitiriz, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convoca o IV PREMIO XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO DE POESÍA. Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e formas libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade.


A dotación do premio é de 2.000 €. O premio inclúe, ademais, a publicación da obra gañadora por Edicións Espiral Maior.