O prazo para participar na quinta edición do premio Xosé María Díaz Castro de poesía xa está aberto
O Concello de Guitiriz lanza outra edición máis do premio Xosé María Díaz Castro de poesía, que xa vai pola quinta convocatoria. O prazo para presentar os orixinais, que xa está aberto, rematará o 31 de marzo.
Os poemas que se envíen deberán estar escritos en lingua galega e poderán ser de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Non poderán concorrer ao certame os gañadores e gañadoras de anteriores edicións.