Xurxo Alonso

Traxectoria

 

Xurxo Alonso García, nado en Buenos Aires o 17 de maio de 1956, é un pintor e escritor galego. Aínda que nado en Sudamérica é galego por ascendencia familiar e porque desde os oito anos reside en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente segue outros camiños xa que consegue a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, se ben a súa paixón pola pintura imponse. Empezou o oficio na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e continuou nos talleres de arte actual de Madrid, cerca de pintores tan singulares como Guinovart e Alcorlo; en Donostia, con Bonifacio Alonso e novamente en Madrid con McLean. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra na IX Bienal Internacional de Arte e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.

 

As súas primeiras exposicións tiveron lugar en 1983 na súa cidade natal. As individuais repártense por toda Galiza, España e México, participando en numerosas colectivas, nalgunhas das cales obtivo importantes premios, desde o II Certame de artistas noveis, en Vigo, en 1983, a outros en diferentes cidades de Galiza e de España. Posúen obras súas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, os museos de Burgos, Sada etc, así como deputacións e concellos de moitas cidades españolas.

 

Xurxo Alonso é, fundamentalmente un paisaxista, de condición intensamente abstractiva e modos que se inician no construtivismo conceptual, que ás veces o emparentan con Molezún ou con Jorge Castillo. A xeografía urbana de Nova York tivo na súa pintura unha influencia considerable. Os volomes concisos, que o simplifica aínda máis, constitúen a referencia, en azuis, rosas, grises para unha expresión deliberadamente elemental. Ás veces emprega gamas neutras e as referencias dilúense ou perden para entregar unha mancha recia, de pincelada ancha, en negros e ocres nos que emerxe un azul moi lírico para insinuarnos a heteroxeneidade dunha megalópole e a vaga referencia dunha natureza de estrutura horizontal moi firme en amplos planos.

 

Adoita a asinar os seus lenzos coa sinatura XurXo ALoNso.

 

Obra literaria

 

Poesía

 

Onde viven os saqueadores de naufraxios, 2002, Espiral Maior.
Cidades de area, 2005, Espiral Maior.
Breviario de Aldemunde, 2005, Espiral Maior.
Cartas da fronteira, 2017, Concello de Ourense.

 

Obras colectivas

 

Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

 

Bibliografía

 

Xurxo Alonso: Catálogo. Vigo, Galería Saira, 1992.
Sobrino Manzanares, M.ª Luisa: El lenguaje silencioso de los objetos. Vigo, Galería Alameda, 1995.
Coincidencias. Santiago, Xunta de Galicia, 1994.

 

Premios literarios

 

Premio de poesía Francisco Añón no 1998.
Premio Xohán de Requeixo no 1999.
Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2000, por Dime, Alexandría
Premio de poesía Feliciano Rolán no 2001.
Premio Johán Carballeira no 2001, por Onde viven os saqueadores de naufraxios.
Premio Fermín Bouza Brey no 2003 por Cidades de area.
Premio de poesía Concello de Carral no 2004 por Breviario de Aldemunde.
Premio de poesía Cidade de Ourense no 2016, por Cartas da fronteira.

Obras do autor