Raúl Gómez Pato

Traxectoria

 

Licenciado en Filoloxía Clásica pola USC, imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo, unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns, e a primeira parte da obra de Nicolás Chamfort, Produtos da civilización perfeccionada.

 

Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900.

 

Obra

 

Poesía

 

Choiva, vapor e velocidade, 1999, Positivas.
A casa deshabitada da familia Pena, 2001, Positivas.
Verba quae supersunt, 2003, Positivas.
Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, 2009, Positivas.
Máscaras de espellos, 2016, Espiral Maior.

 

Literatura infanto-xuvenil

 

Cousas de papá, 2016, Xerais.

 

Traducións

 

Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval), 1999, Positivas.
Cantos e fragmentos, de Safo, 2008, Positivas.
Unha rosa encarnada, de Robert Burns, 2014, Positivas.
Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos), de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte.
O castelán de Coucy e a dama de Fayel, de Jakemés, 2017, Rinoceronte.

 

Obras colectivas

 

Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).

 

Premios

 

I Premio Xosé María Díaz Castro de poesía do Concello de Guitiriz en 2016, por "Máscaras de espellos".

 

Obras do autor