Pablo Bouza Suárez

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como funcionario dende o ano 1990 no Concello de Culleredo, localidade onde reside, desempeñando o cargo de xefe de servizo de Cultura e Educación.

 

Colaborou en El Correo Gallego e na emisora Radio Fene. Foi director e colaborador de Radio Culleredo. Ten publicado en Poesía Galicia e Anuario Brigantino.

 

Participou en diversos certames artísticos e literarios, como os II e III Encontros de Pintura e Poesía organizados pola Deputación Provincial da Coruña e I e II Diálogos de Pintura e Poesía, Culleredo.

 

Poesía

 

    In aeternum (2007). Deputación da Coruña. 80 páxs. ISBN 978-84-9812-055-4.
    O home que falaba coas baleas (2008). Concello de Outes.
    Ingrávido signo (2010). Espiral Maior. 84 páxs. ISBN 978-84-92646-41-8.
    Na intimidade do azougue (2011). Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 978-84-92646-38-8.
    Os privilexios dos somnámbulos (2014). Alvarellos. 79 páxs. ISBN 978-84-89323-60-5.

 

Obras colectivas

 

    Culleredo (1996). Concello de Culleredo. Con Belia Bellón López e Carlos Pereira.
    150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). libro electrónico).

 

Premios

 

    3º premio no Certame de Poesía Hernán Esquío en 1984.
    Accésit no Certame Nacional de Poesía Pérez Parallé no 2000
    1º Premio no Certame Nacional de Poesía Pérez Parallé en 2002.
    1º premio ex aequo no Certame de Poesía Concello de Vilalba en 2003
    1º premio no Certame de Poesía Concello de Vilalba en 2004.
    1º premio no Certame de Poesía Conde de Gondomar no Val Miñor en 2007.
    3º premio no Certame de Poesía da Asociación Rosalía de Castro de Cornellà en 2007.
    1º Premio no Certame de Poesía Francisco Añón do Concello de Outes en 2008.
    1º Premio no Certame de Poesía Concello de Marín no 2009.
    1º Premio no Certame de Poesía Concello de Vilalba no 2009, por Ingrávido signo.
    1º Premio no Certame de Poesía Concello de Vilalba en 2010, por Na intimidade do azougue.
    1º Premio no Certame de Poesía Concello de Vilalba en 2013, por Os privilexios dos somnámbulos.
    Gañador do V Certame Díaz Castro de Poesía, do concello de Guitiriz en 2021, por Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse.

Obras do autor