Eduard Velasco

Traxectoria

 

Eduard del Castillo Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo catalán vinculado ás culturas catalá e galega. É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universitat de Barcelona. Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.

 

Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.

 

En 2011 comezou a traballar no ILG e quitou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro. Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz. En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.

 

No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa.

 

Dende xuño de 2016 xestiona, xunto a poeta Alicia Fernández, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo.

 

Obras

 

Poesía

 

Ruído de trens, 2015, Espiral Maior.
O filósofo coxo, 2017, Espiral Maior.

 

Tradución: Do catalán ao galego

 

Pan negro (título orixinal: Pa negre), de Emili Teixidor. Fundación Vicente Risco, 2011.
As valgadas bravas (título orixinal: Els sots feréstecs), de Raimon Casellas. Editorial Hugin e Munin, 2012.
Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.

 

Tradución: Do galego ao catalán

 

Cos de mudances (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
El pes del meu desig (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013.

 

Obras colectivas

 

A garza insomne, 2016, Galaxia.

 

Premios

 

Primeiro premio no III certame de poesía Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo en 2014.
XXVII Premio de poesía Pérez Parallé en 2014.
Premio Xosé María Díaz Castro de poesía do Concello de Guitiriz en 2017, por O filósofo coxo.

Obras do autor